Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG de Malpica presenta a súa familia electoral

O BNG de Malpica presenta a súa familia electoral

A rolda de presentación das candidaturas do BNG para as próximas eleccións municipais, continúa este venres, 18 de marzo, en Malpica de Bergantiños.

O acto de presentación da candidatura completa será no restaurante Casa Elías, de Buño, e será en formato cea. As persoas interesadas en participar da cea de presentación da candidatura aínda están a tempo de chamar aos teléfonos de contacto: 646 927 013 e 636 213 730.

O BNG de Malpica de Bergantiños contará para este acto de presentación coa presencia de Carlos Aymerich, portavoz parlamentario do BNG, quen xunto ao candidato á alcaldía, Roberto García, intervirá a partir das 22.00 horas, xusto antes de que dea comezo a cea de confraternidade.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios