Mércores. 20.11.2019
El tiempo

Eduardo Parga, o novo candidato do PP de Malpica tralo falecemento de Jose Manuel Vila

Eduardo Parga, o novo candidato do PP de Malpica tralo falecemento de Jose Manuel Vila
Xa ten relevo o PP malpicán tralo inesperado falecemento do candidato popular á alcaldía de Malpica, José Manuel Vila. O presidente provincial do PP, Carlos Negreira, presentou, esta tarde, ao novo candidato do PP de Malpica, Eduardo Parga. O propio Parga quixo destacar que "o falecemento de José Manuel Vila foi un gran revés para toda a familia popular de Malpica". Agradeceu a confianza depositada nel para afrontar este reto e subliñou que "seguirei na mesma liña de José Manuel: ter un concello próximo ao pobo e cos políticos a pé de rúa". Negreira destacou do candidato a súa "implicación no día a día do municipio, tal e como se puxo de manifesto nos seus anos máis de 20 anos á fronte dunha asociación cultural e deportiva de Malpica". Ademais, apuntou, que conta cunha amplía experiencia política caracterizada sempre por "ser un bo compañeiro e unha persoa próxima á que lle gusta estar sempre a pé de rúa, á beira dos seus veciños". O presidente provincial avanzou que con Eduardo Parga continuará deseñando "o proxecto para Malpica, no que o PP leva traballando anos, un proxecto non excluínte, de progreso e de futuro, e que situará a Malpica de novo na órbita popular". "Malpica -continuou- sumarase á cadea de concellos que, a partir do 22 de maio, contará cun goberno do PP".

Liñas estratéxicas

Parga incidiu na importancia de traballar e optimizar os recursos que ten concello, porque "os problemas que ten a día de hoxe Malpica é porque nos gobernan malos xestores". Para finalizar, Eduardo Parga avanzou as súas liñas estratéxicas:
  • potenciar o parque empresarial e apoiar aos empresarios,
  • pór en marcha a gardería e o centro de día,
  • desbloquear a EDAR,
  • avanzar no PGOM,
  • apoiar o tecido asociativo, cultural e deportivo,
  • mellorar con diálogo o sistema educativo,
  • sacar a concurso a recollida de lixo,
  • seguir potenciando o turismo,
  • apoiar aos colectivos máis necesitados, e
  • potenciar o sector pesqueiro en colaboración coa Confraría.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Malpica.

Comentarios