Venres. 26.04.2024
El tiempo

O CEIP Milladoiro de Malpica ten novo comedor

O CEIP Milladoiro de Malpica ten novo comedor
O delegado territorial Ovidio Romero estivo acompañado na súa visita polo alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e pola directora do centro, María Olga Rodríguez. O delegado territorial Ovidio Romero estivo acompañado na súa visita polo alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e pola directora do centro, María Olga Rodríguez.

A transformación da antiga vivenda do conserxe permite que o CEIP MIlladoiro de Malpica poida estrear un novo comedor escolar. Deste xeito, os 176 alumnos e os 15 mestres, poderán disfrutar deste novo servizo.

As obras executadas consistiron na demolición de tabiques interiores, colocación de pavimento novo, pintura, colocación de falso teito, arranxo de iluminación e instalación eléctrica, adaptación de zona de cátering, mobiliario de cociña e zona de lava mans.

A obra estivo financiada pola Xunta, que investiu 24.000 euros.

A Biblioteca do CEIP, escollida para un proxecto singular

Ademais, a comunidade do CEIP está contenta pois a súa Biblioteca acaba de ser seleccionada pola Consellería para desenvolver o proxecto Radio na Biblio. Trátase dun proxecto piloto que pretende estimular o desenvolvemento do modelo de biblioteca cara a centros creativos de aprendizaxe e promover a creación de emisoras/laboratorios de radio nas bibliotecas escolares. Son 20 as bibliotecas de toda Galicia

Fonte

  • Xunta.

Comentarios