O Concello de Malpica adquire a leira do Forno da Costa

08:07 16/02/12

Segue a Mostra de Olería pendente do Centro Comarcal de Buño. Seguen os oleiros sen o seu espazo de exposición e traballo, pero a vida oleira continúa. Así o afirmaron o alcalde malpicán, Eduardo Parga Veiga, e o presidente da Deputación Diego Calvo, na sinatura do novo convenio entre entidades.
O acordo permite ao Concello adquirir a leira na que se atopa o Forno da Costa, na parroquia de Buño. A achega provincial para a adquisición deste terreo de máis de 520 metros cadrados é de 26.874 euros, que supón o 76,71% do investimento total.
Novas relacionadas
- Un oleiro en perigo de extinción.
- Pecha o Centro Comarcal de Bergantiños de Buño.
- A Cerámica de Buño exponse en Madrid a través da Fundación Torre-Pujales.
Fonte
- Deputación da Coruña.