Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Ecomuseo Forno do Forte abre a tempada de visitas escolares

O Ecomuseo Forno do Forte abre a tempada de visitas escolares
visitas-escolares-ecomuseo-forno-forte Máis de 2.500 alumnos e alumnas de toda a provincia visitaron no curso pasado o Ecomuseo Forno do Forte de Buño Despois das boas cifras do ano curso pasado, o Ecomuseo Forno do Forte de Buño vén de abrir unha nova tempada de visitas escolares. No curso pasado, máis de 50 centros educativos da provincia da Coruña visitaron o Ecomuseo. En total foron 2.574 nenos e nenas de 3 a 17 anos os que se achegaron ata Buño para coñecer de primeira mes este complexo etnográfico. Aínda así, algunhas peticións non se puideron atender debido a que a maioría das visitas se concentran a finais de curso. Para facilitar a todos os centros o coñecemento dun recurso de tanto interese e tan presente na sociedade durante séculos como a Olería de Buño, a dirección do Ecomuseo envía cartas informativas a todos os colexios e institutos da provincia coa finalidade de planificar as visitas ao longo de todo o período académico. Actividades O ecomuseo ofrece aos estudantes a posibilidade de mergullarse na historia da olería e na forma de vida dos antigos artesáns a través dun percorrido que Lola Martínez - a guía do Ecomuseo - sabe facer interesante para todas as idades. Pero os nenos e nenas, ademais, poden converterse por un día en artistas do barro. Para os máis pequenos, o oleiro José Antonio Corral organiza obradoiros que se desenvolven no cabanote, e que permite que moitas e moitos deles teñan o seu primeiro contacto co barro. Cando os visitantes xa son alumn@s de instituto, o oleiro do Ecomuseo cédelles o seu posto no torno para que, coa súa axuda, poidan elaborar unha peza. Nos vindeiros días os centros recibirán un envío que inclúe información sobre horarios, servizos e actividades que ofrece o Forno do Forte. De feito, o éxito do ecomuseo obedece en gran parte ao importante labor de difusión que se leva a cabo entre os centros de ensino, tal como explica o seu xerente, Paco Doval. Os colexios e institutos que estean interesados, pero tamén entidades ou grupos, poden facer a súa reserva a través do número de teléfono 981 711 520 ou no correo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios