Martes. 19.03.2019
El tiempo

O Fútbol da Costa ponse reivindicativo

O Fútbol da Costa ponse reivindicativo

Emotivas as estampas que se viviron esta pasada fin de semana en varios campos do fútbol da bisbarra. Unha nova demostración de que o Fútbol da Costa trascende do deporte, e é un auténtico axente sociai.

Por Alcoa no Cairo

No Cairo coa pancarta de Estabilidade enerxetica de apoio a Alcoa Corme e Ponteceso no Cairo coa pancarta de Estabilidade enerxetica de apoio a Alcoa

O campo cormelán do Cairo, como acontencía a semana pasada no Pino do Val (Mazaricos), acollía un intenso derbi entre Corme e Ponteceso. Pero o partido comezaba coa exposición dunha pancarta de apoio aos traballadores de Alcoa que pedía “Estabilidade enerxética XA. Futuro para a industria”.

Unha clara demostración da impotancia que tamén tería o peche da fábrica herculina, onde traballan ducias de persoas de zonas como Laxe, Cee, Corme, Mazaricos…

Por un servizo de pediatría en Zas

Veteranos de Baio e Malpica coa plataforma Zas sen recortes en pediatria Veteranos de Baio e Malpica coa plataforma Zas sen recortes en pediatria

Paralamente, o campo baiés do Platas Reinoso, os equipos saíron coa pancarta da Plataforma “Zas sen recortes en Pediatría”. Pola mañá era os veteranos de Baio e Malpica e pola tarde o equipo modesto de 1ª Galicia do CD Baio, os que demostraban o seu apoio a todas as familias.

A coordinadora da Plataforma vén ademais de convocar unha reunión para o próximo venres 9 de novembro ás 21.30 no centro sociocultural de Zas, aberta a toda a veciñanza do Concello.

CD Baio apoia a plataforma Zas sen recortes en pediatria CD Baio apoia a plataforma Zas sen recortes en pediatria

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-bng-de-laxe-apoia-aos-traballos-de-alcoa-e-pide-a-rebaixa-do-ive-e-unha-tarifa-electrica-galega/ https://quepasanacosta.gal/queremos-pensar-que-se-conseguimos-recuperar-o-pediatra-en-zas-estamos-axudando-a-outros-lugares-que-tenan-o-mesmo-problema/
Comentarios