![Paco-Souto]()
O espectáculo "Atesourando a palabra" terá lugar o vindeiro 11 de novembro no teatro Colón da Coruña
"Atesourando a palabra" é o nome do espectáculo no que profesionais de distintas áreas se xuntarán para renderlle unha homenaxe ao
poeta Paco Souto,
sete meses despois do seu fatídico pasamento.
A cita será vindeiro sábado 11 de novembro no teatro Colón da Coruña. En coherencia coa personalidade e discurso artístico deste escritor, levarase a cabo unha posta en escena na que confluirán a poesía, a música e a plástica. Diferentes profesionais das distintas áreas dialogarán arredor da figura dun escritor amigo que nos deixou para sempre a súa voz.
Rosalía Fernández Rial será a encargada de coordinar e presentar este espectáculo no que participarán os poetas Miguel Mato Fondo, Marta Dacosta, Xosé Iglesias, Lino Braxe, María Xosé Fernández e Paco de Tano. Entre os artistas plásticos estarán Viki Rivadulla, Peter Kramer, Peter Schneider, Mon Lendoiro, Chiña, Abraham Vila. A parte musical do espectáculo correrá a cargo de Aida Saco, Serxio Moreira e algúns músicos de Samarúas.
Entradas
A entrada é de balde e será necesario retirala na billeteira do Teatro.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)