O mundo cultural de Bergantiños lembrou a Paco Souto
Emotiva foi a presentación da nova exposición colectiva que acolle o Pazo da Cultura de Carballo. “Luscofusco” inclúe obras de 29 autores/as da zona, e vén sendo unha homenaxe ao finado poeta malpicán Paco Souto.
Foron os seus amigos Serxio Moreira e Rosalía Fernández Rial os encargadas de poñer as sentidas palabras para estrear esta exposición que estará aberta ata o 31 de xullo. “Paco era o mesmo verbo dar”, resumía a poeta carballesa lembrando a xenerosidade do percebeiro e poeta.
No acto estiveron moitos dos artistas que fan posible esta mostra incluínda no programa das festas de San Xoán desde hai xa varios anos coa colaboración do colectivo Crea Formas. “Luscofusco” abrangue a pintura, a fotografía e a escultura, entre outras disciplinas de artistas con traxectorias e modalidades tan diversas como as de Adriana Díaz, Ana García, Antón Díaz, Antonio Reino, Antonio Taracido, Chiña, Cristina Castro, Dami Varela, Esther Chamoso, Eva Facal, Isa Fernández, Jacobo Veiga, Javier Rodríguez, Laura Tova, Lola Oviedo, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, O’ Mighelo, Oti Fernández, Pedro Tasende, Peter Kramer, Raúl Herrera, Risé, Santi Picos, Teresa Candal ou, como convidados nesta edición, Peter Schneider e Viki Rivadulla.
Artistas bergantiñáns que participan na exposición Lusco e Fusco en homenaxe a Paco SoutoNovas relacionadas
- Artistas de toda a comarca homenaxean a Paco Souto coa exposición Luscofusco.
- Marzo 2017: Falece Paco Souto mentras mariscaba en Razo.
Fonte
- Concello de Carballo