Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O reloxo do Concello de Malpica ponse en hora

O reloxo do Concello de Malpica ponse en hora
O Concello de Malpica reparara o reloxo da casa consistorial

O mecanismo do reloxo que adorna a fachada principal da casa consistorial, instalado en 1999, leva un lustro fóra de servizo. E non era sen tempo que un goberno municipal teña a intenció de poñelo en hora. A intención é de restaurar o mecanismo existente, pero o Concello está a espera de recibir un informe técnico sobre a viabilidade de acometer a reparación. No caso de que non sexa posible instalará un novo.

A casa consistorial de Malpica, a máis antiga da Costa da Morte xunto coa de Corcubión, xa que datan de finais do século XIX, tardou un século en contar con reloxo. O primeiro instalouse no ano 1989, cando se levantou a planta alta do edificio, pero dez anos despois tivo que ser substituído. O Concello optou naquel momento por un carrillón electrónico con todos os extras, incluída a desconexión nocturna programable para que non moleste aos veciños.

Dende hai aproximadamente cinco anos, o reloxo volve a estar fóra de servizo. Segundo explicou o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Fernández, o goberno municipal tomou a decisión de recuperalo. Con esa intención contactou cunha empresa especializada, que xa desmontou o mecanismo e está a revisalo para determinar se é posible que volva a marcar a hora de novo. “Queremos recuperar o que hai, se é posible, e se non teremos que cambialo”, indicou o edil, que acompañou aos técnicos reloxeiros ata o tellado do edificio consistorial cando desmontaron o reloxo.

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios