A Oficina do Banco Sabadell de Malpica tamén bota o peche

22:13 22/09/21
Tralo anuncio do peche das sucursais de Abanca de Zas e Baíñas, chegou a nova do peche das oficinas do Banco Sabadell de Camariñas e Cee. Onte coñecíamos que o banco catalán tamén pechou a súa oficina en Malpica. Os clientes terán que desprazarse ata Ponteceso ou Carballo.
O alcalde intentará falar cos delegados da entidade financiencia a ver se se pode revertir, como recoñecía á Radio Nordés, pero recoñeceu que non ten pensado quitar os cartos municipais. Apurou ademais que o PP a nivel galego estaba colleitando datos do peche das sucursais.
O Concello confirmou que o rumor do peche da sucursal de Abanca non é real.
NOVAS RELACIONADAS
- Lolo Muíño pídelle, por carta, a Escotet que revoque o peche das sucursais do rural.
- 17-09.21: O alcalde de Zas desprazouse ata o Congreso dos Deputacións para pedir que o Goberno regule o sector bancario.
- A alcaldesa de Camariñas ordea retirar os fondos municipais do Banco Sabadell tralo anuncio do peche da sucursal.