Martes. 10.12.2019
El tiempo

Un novo operativo en Fisterra incauta 90 quilos de marisco de 7 viveiros

Un novo operativo en Fisterra incauta 90 quilos de marisco de 7 viveiros

Tempo de verán e o furtivismo faise forte. Os restaurante non dan feito para poñer mariscadas. Aí é onde toda a sociedade ten que estar presente, e ademais da Benemérita, ten que ser cada establecimento hostaleiro, cada cliente, o que loite pola legalidade.

Nun novo operativo de Gardacostas realizado no porto de Fisterra, os axentes incautaron un total de 89 quilos de distintas especies de marisco, a maioría -65 quilos- de centola, especie que está en veda. O operativo tivo lugar en 7 viveiros diferentes da zona, o que dá conta da variedade de actuación dos furtivos.

Todas as especies foron devoltas ao mar na zona. A maiores nesta zona e na das rías de Corcubión e Muros e Noia, os axentes realizaron controis de estrada, nos que inspeccionaron 36 vehículos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Garda Civil.

Comentarios