Os Oleiros de Buño propoñen vincular a remusealización do Forno do Forte cos obradoiros

O presidente da Asociación de Olaría de Buño, Fran Gorín, e co vogal, Santiago Becerra, recibían onte a visita do deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, e a concelleira de Olaría e Patrimonio de Malpica, Leticia Naya. Unha cita para coñecer de preto o proxecto de remusealización do Forno do Forte. Un proxecto que xa está en marcha e que ten un claro obxectivo: de convertelo no gran museo da olaría da man do propio sector.
A idea é crear un espazo que non só sexa para visitas, senón que se basee na experiencia, que cree vínculos e comunidade e que sirva de enlace cun percorrido máis amplo polos obradoiros dos profesionais que actualmente se dedican á olaría en Buño.
O proxecto contempla unha reestruturación dos espazos expositivos, reservando un espazo propio para os profesionais da olaría de Buño, coa posibilidade de amosar unha mostra representativa de cada obradoiro e poñer en valor cada marca persoal e fomentando a artesanía diferenciada.
Novas relacionadas
- Gran satisfacción entre os artesáns pola gran expectación e ventas da Mostra de Olería de Buño.
- A Mostra de Olería de Buño arrinca pensando en converterse en Festa de Interese Turístico Internacional.
- María Barca: “Gustaríame que "Buño de seu" fose un graniño máis de cara á posta en valor dunha artesanía que non ten nada que envexar ao arte con maiúsculas”.
- As Zoquiñas Vermellas de Buño levan o feminismo aos centros de ensino.
- Fran Gorín: "Recoméndolle á xente moza que se anime a emprender e, se é na súa zona, moito mellor”.
- O Forno do Forte acolleu o primeiro “cumio” oleiro entre Malpica e Oleiros.
- 2020: O Buño deMostra dalle vida oleira a espazos singulares.