Venres. 26.04.2024
El tiempo

#25N: Os Oleiros de Buño recadan 2.000€ da campaña Zoquiñas Vermellas para a Asociación Mirabal

Zoquinas Vermellas Oleria de Buno 25N 2021
#25N: Os Oleiros de Buño recadan 2.000€ da campaña Zoquiñas Vermellas para a Asociación Mirabal

A Asociación Oleira de Buño non esquece a fermosa campaña Zoquiñas Vermellas. Esa iniciativa que adapta o movemento mundial “Zapatos Rojos” de Elina Chauvert á realidade oleira costeira, e que pon en venda dende hai anos pequenos broches en forma de “zoquiñas vermellas” para recadar fondos solidarios.

Este 2021 son arredor de 2.000€ os recadados pola Asociación, que será entregados á Ana Saavedra, presidenta e fundadora da Asociación Mirabal, (asociación que presta axuda ás mulleres e crianzas vítimas da violencia de xénero), durante o acto que os oleiros teñen artellado para este xoves 25 ás 12:00h na Praza do Cruceiro en Buño.

O acto, artellado coa colaboración da Asociación Visibles, servirá para ler un manifesto e gardarase un minuto de silencio en homenaxe ás vítimas. Así mesmo procederase ó pegado de varios pares de Zocas Vermellas tamaño real, elaboradas nos obradoiros realizados durante a pasada Mostra de Olería.

Novas do #25N

Comentarios