Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Olería de Buño, Olería Europea

Leticia Varela e Eloi Mancebo en Manises
Leticia Varela e Eloi Mancebo en Manises
A Olería de Buño, Olería Europea

Interesante aposta da nova corporación do Concello de Malpica pola olería de Buño. Esta pasada fin de semana a concelleira de Olería, Leticia Varela, participaba na Asamblea Europea de Ciudades de la Cerámica, celebrada en Valencia. A edila tamén acodiu na fin de semana, acompañada do Eloi Mancebo membro da Asociación de Oleiros de Buño, á Bienal Internacional de Cerámica de Manises.

En Valencia, o Concello de Malpica, que pertence Asociación Europea de Ciudades de la Cerámica, viu de preto o Cerasmus, unha iniciativa que podería ser aplicable para a olería de Buño. A Asamblea serviu para elixir aos cargos do novo comité executivo, e permitir a adhesión de países como Portugal e a República Checa.

A concelleira recoñece “é fundamental formar parte desta asociación e estar presente nestas Asambleas, na medida en que serve para seguir traballando e apostando pola olería, un dos selos de identidade do municipio”. Varela incidiu tamén no “enriquecedor” destas propostas, que serven para “intercambiar coñecementos e ideas con homólogos e homólogas doutras cidades e países”.

Foi así, unha “viaxe moi proveitosa para o noso sector oleiro, na medida en que serve para manter o contacto con outras cidades, e supón tamén o intercambio de experiencias e iniciativas que resulta do máis produtivo”.

Malpica, presente na Asamblea Europea de Ciudades de la Cerámica
Leticia Varela, á esquerda, presente na Asamblea Europea de Ciudades de la Cerámica

Novas relacionadas

Comentarios