Oliver Aton non pode marcar no campo dos Petóns
O poder das redes sociais é incalculable. E a Costa da Morte non é allea. Moita xente as utiliza, ademais de para subir gatitos ou tonterías varias, para a promoción do patrimonio, para a concienciación medioambiental ou para a difusión cultural. Hai quen as usa tamén para a denuncia, como fai Xabier Rodríguez.
O seu veciño de Cerqueda e colaborador de QPC, Anxo Garrido, fíxolle esta entrevista para que coñezamos mellor quen hai detrás desas montaxes denuncia baixo os nomes @Karallo29 e @Pajaro26.
As súas ácedas críticas mesturan o humor coa denuncia social. Ese Oliver Aton triste por non poder marcar goles nun campo dos Petóns abandonado; o Chicho Terremoto que non pode meter 3 puntos pois caeu a canasta; ou o Tosar que non pode xogar en galego porque o parque está en castelán.
Aquí vos deixamos con varias das súas montaxes e a entrevista de Anxo:
Fonte
- Anxo Garrido para QPC ([email protected]).