Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os Castelos de Area invadiron a praia de Malpica

Os Castelos de Area invadiron a praia de Malpica
O Castelo de Area ganador en Malpica foi un un porto O Castelo de Area ganador en Malpica foi un un porto

Sempre é un dos acontecementos máis orixinais do verán. I é que ver un porto, unha peza de marisco ou un paiaso de tal tamaño, tallado en area por un grupo de pequenos, é algo especial.

Este venres, para abrir as Festas do Mar de Malpica, tivo lugar o Concurso de Barcanas e Castelos de Area Praia de Area Maior.

Participaron 20 grupos con outras tantas esculturas de area, e cun total de 87 integrantes de todas as idades. E o Xurado, con participación municipal e das asociacións de Amas de Casa e Redeiras Artesás Mar da Illa, elixiu os seguintes castelos.

O 1º premio foi para O Porto, levou un Castelo de Area!

Ganadores do 1 Premio do Concurso de Castelo de Area de Malpica

O 2º premi foi para o risco do marisco e o 3º para o Pallaso.

2 Premio do Concurso de Castelos de Area de Malpica 2 Premio do Concurso de Castelos de Area de Malpica 2 O Paiaso levou o terceiro premio do Concurso de Castelos de Area de Malpica 3 Premio do Concurso de Castelos de Area de Malpica

Ademais, a barcana premiada na categoría especial foi a número 15; o premio infantil foi para outra barcana, a número 13; e o premio especial do público, con 62 votos, foi para a figura Torreiros.

Unha de balonmán

Ademais, o areal tamén acolleu unha xornada de balonmán praia organizada hoxe en Malpica polo Concello e as Escolas de Balonmán Xiria. A rapazada disfrutou deste deporte tan famoso por Bergantiños.

Xogando ao Balonman Praia co Xiria en Malpica

Máis información

Fonte

Comentarios