venres. 02.05.2025
El tiempo

Os mellores do mundo do futbolín fixeron parada no porto de Malpica

Os mellores do mundo do futbolín fixeron parada no porto de Malpica
Master de Futbolin en Malpica Ambientazo na carpa instalada no porto para o I Master de Futbolín en Malpica

O máis granado do futbolín estatal deuse cita no I Master Futbolín Malpica. Nada menos que os campións do Mundo pasaron polo porto Bergantiñá para demostrar que o título do Campionato Mundial de Futbolín e Punta Umbría non é por casualidade. A parella formada Pedro e Juandi arrasou en Malpica e se gañadores da categoría Pro, que equivale á 1ª División do futbolín estatal, na modalidade de Movemento.

Nas outras categorías, tamén houbo moita pelexa. Na categoría máster os campións foron Lupi e Pérez. Na modalidade de parado, os campións absolutos foron Alberto e Merose, mentres que en máster impuxéronse Unai e Albano.

PEDRO - JUANDI GANADORES MOVEMENTO PRO no Master de Futbolin de Malpica Pedro e Juandi demostraron o seu nivel

Foron un total de 80 parellas as que participaron neste I Master Futbolín Malpica, unha iniciativa conxunta de Recreativos A Velas Vir, Tsunami Futbolín e A.D. A Pedreira na que colaborou o Concello de Malpica.

O porto converteuse no escenario dunha competición que nos permitiu ver en acción ás mellores parellas do país, e que volveu a encher de animación a nosa vila despois dun mes de agosto de récord.

Esta foi a final Pro de Movemennto entre Juandi-Pedrito vs Marcos-Pando:

https://www.facebook.com/recreativosavelasvir/videos/345591405879032/

Así foi a final en parado entre Trifer e Meizoso-Alberto:

https://www.facebook.com/recreativosavelasvir/videos/345870489184457/

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios