Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Paralizan unhas obras en Barizo tras unhas queixas veciñais

Obras en Barizo paralizada
Obras paralizadas en Barizo
Paralizan unhas obras en Barizo tras unhas queixas veciñais

Uns veciñ@s de Barizo, Malpica, observaron estes días o desenvolvemento dunhas obras de movemento de terras para a creación dunha pista e varias construcións de ladrillo e cemento no Pombal, unha zona agraria rústica. Co PXOM aínda sen aprobar, a veciñanza, consciente da pouca edificabilidade na zona, preguntou pola legalidade das obras no concello.

Nada sabían no consistorio, sinalando que das 250 solicitudes previas de licencia non lles consta ningunha nin no Pombal, nin en Barizo. O propio concelleiro de Obras, Miguel Fernández, enviaba alí unha expedición e ao non ter constanza de ningunha licenza, paralizou as obras.

A veciñanza agradace este paralización, e espera que de paso se teña en conta Barizo para realizar máis obrass de mellora dos viais e do saneamento.

Novas relacionadas

Comentarios