Venres. 26.04.2024
El tiempo

Piden a reposición do galego en letreiros das placas de Area Maior e Canido

Piden a reposición do galego en letreiros das placas de Area Maior e Canido
Letreiros en castelan nas praias de Malpica

Hai 4 carteis no Concello de Malpica coa rotulación en castelán, pero non pasaron desapercibidos para a sección da Mesa pola Normalización Lingüística en Bergantiños. Despois de denunciar unha marea de topónimos incorrectos por todo Bergantiños, a entidade pide ao Concello de Malpica a reposición do uso do galego en varios letreiros recentemente instaladosnas praias de Area Maior e na de Canido.

A Mesa lembralle ao concello de Malpica de Bergantiños que a Lei de Normalización Lingüística estabelece que “Os poderes públicos de Galicia promoverán o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns” e que tamén a Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia di que “O galego, como lingua propia de Galicia, éo tamén da súa Administración Local”, mostrándose moi clara ao respecto ao dictaminar que: “todos os actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locais redactáranse en lingua galega”, o que inclúe os rótulos e sinais da vía pública e dos edificios municipais.

Por iso, non entende que na rotulación das praias de Area Maior e de Canido a “Concellaría de Seguridade e Protección Civil” pasa a ser “Concejalía de Seguridad y Protección Civil”.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

  • A Mesa.

Comentarios