luns. 11.11.2024
El tiempo

Piden un plan de recuperación da Eira das Meigas do Monte Neme

Piden un plan de recuperación da Eira das Meigas do Monte Neme
As obras para abrir unha pista na zona puideron ser a causa da agresión As obras para abrir unha pista na zona puideron causar a agresión sufrida na Eira das Meigas Non dan crédito ao acontecido recentemente na Eira das Meigas do Monte Neme, lugar onde se atopa un dos poucos círculos líticos de Galicia. Así a asociación ambiental Senda Nova e o Instituto de Estudos Bergantiñáns véñen de manifestar a súa repulsa pola agresión que segundo indican "foi causada por unha pa ao abrir unha pista, parece ser, coa intención de pasar uns vehículos para transportar os materiais destinados á construción da base dun poste do tendido eléctrico". Neste senso, ambas as organizacións demandan un plan íntegro de recuperación e que "se identifique ás persoas que cometeronesta acción e que, cando menos, lles obriguen a reparar os danos causados". Ademais, piden que se protexa este resto histórico contruíndo unha área de seguridade e coa debida sinalización para dar a coñecer os valores naturais, históricos e paisaxísticos do lugar e evitar así novas agresións. No comunicado emitido por Senda Nova e o Instituto de Estudos Bergantiñáns, aseguran descoñecer se as persoas que acometeron a agresión eran conscientes da importancia deste ben patrimonial a pesar da correcta delimitación do lugar, grazas á limpeza da zona feita polas brigadas do concello de Carballo, e da sinalización.  "Pensamos que non se produciu de xeito fortuíto, senón buscando a maneira máis doada de abrir un paso sen pensar nas consecuencias ocasionadas ao monumento" informan. Segundo indica a tradición, a Eira das Meigas era o lugar onde se xuntaban as meigas a noite de San Xoán e actuando a modo de tribunal xudicial emitían sentenzas contra os humanos. Con esta información folclórica que chegou ata a época actual, pódese confirmar a existencia nese lugar dun antigo culto precristián que se realizaba nese circulo lítico ou crómlech, de aí que o topónimo Neme signifique "bosque sagrado". A fundación posterior da capela de Santa Cristina fíxose coa intención de cristianizar ese antigo culto pagán. Unha boa parte dos historiadores refírense a este monumento e a súa lenda. Como exemplo temos o que manifestaba Carré Aldao nos anos vinte do pasado século: "En el monte Neme o Nemio (...) hállase en su cumbre un cromlech, al que los habitantes bergantiñenses llaman Eira das Meigas, porque según la tradición, la víspera de San Xuan se reúnen las brujas en la fuente de Santa Cristiana (...), y después de bailoteos y otras ceremonias suben a la Eira, en la que acomodadas cada una en su sentadoiro, toman acuerdos para dañar a los humanos”. Distintas empresas deixaron ao longo do tempo a súa pegada na contorna da Eira das Meigas Distintas empresas deixaron ao longo do tempo a súa pegada na contorna da Eira das Meigas Outras agresións Segundo ambas organizacións "o círculo lítico deteriorado non é o orixinal, aínda que sempre seguiu sendo o punto de referencia a nivel histórico e centro de lendas e supersticións deste monte sagrado". Así que esta non é a primeira vez que o lugar sofre graves agresións, xa que este foi un dos lugares elixidos para realizar explotacións mineiras na época do volframio. Máis recentemente, para facer a pista que leva ao lugar onde están colocadas as antenas esnaquizaron o crómlech (o único da zona) substituíndoo por outro situado 15 metros ao leste.     Fonte

Comentarios