mércores. 30.04.2025
El tiempo

O poeta malpicán Diego Cousillas descóbrese este xoves no Espiral Maior Foro

TARXETA DIEGO COUSILLAS
O poeta malpicán Diego Cousillas descóbrese este xoves no Espiral Maior Foro

Este xoves, día 27 de marzo, ás 20:00 h., terá lugar en Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34) a presentación do libro de poemas “G”,
do que é autor o poeta e profesor malpicán Diego Cousillas.

Diego Cousillas, licenciado en Filoloxía Galega, é profesor de Ensino Secundario en Malpica e obtivo no ano 2005 o premio de poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu pola obra “Faltas de ortografía”.

Participará no acto, ademais do autor, o poeta e escritor vigués Xosé María Álvarez Cáccamo, autor tamén do limiar do libro.

Comentarios