Venres. 26.04.2024
El tiempo

Ponse en marcha a VIII edición do Camiño dos Faros

Ponse en marcha a VIII edición do Camiño dos Faros
camino-faros O vindeiro 5 de febreiro ás 10 horas ábrese o prazo para inscribirse na oitava edición do Camiño dos Faros Xa está en marcha a VIII edición do Camiño dos Faros cando a ruta está cada vez máis cerca da homologación. O vindeiro 5 de febreiro, ás 10 horas, abrirase o prazo de inscricións nesta edición que seguirá a dinámica das anteriores. A primeira das etapas será xa o 11 de marzo para percorrer dende Malpica ata Niñóns. As seguintes andainas serán os días 25 de marzo, 8 e 22 de abril, 6 e 29 de maio e 3 e 16 de xuño. A hora de partida será sempre ás 09:00 horas e ao final da etapa estará esperando un bus que levará aos camiñantes ata o punto de partida. Todas as etapas do domingos terán a súa pre-etapa os sábados con actividades, charlas e paseos. Así, a primeira das pre-etapas é xa o 10 de marzo ás 18 horas en Malpica.

Máis información

Novas relacionadas

O primeiro Camiño dos Faros por etapas (2013)

Fonte

Comentarios