Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O proxecto de musealización do Forno do Forte, en marcha

ecomuseo forno do forte
Así está actualmente o Ecomuse Forno do Forte
O proxecto de musealización do Forno do Forte, en marcha

O Forno do Forte xa é toda unha referencia a nivel artesanal en toda Galicia. A súa estrutura, a que se pode ver a vivenda tradicional, así como as demostracións de torno en vivo, fan do EcoMuseo toda unha experiencia.

Pero dende a Deputación queren transformalo, para convertilo nun museo que coloque a Buño como referencia da olaría de todo o estado. Así, veñen de licitar o contrato para esta intervención cun orzamento de 30.000 euros e un prazo para que as empresas interesadas presenten ofertas que abrangue ata o 8 de setembro.

O proxecto inclúe un espazo propio para os profesionais da olaría de Buño, ao tempo que adaptará o resto das salas para amosar a cultura e a historia da olaría e acoller exposicións temporais de artistas de proximidade.

Esta reformulación tamén contempla a substitución dos espazos actualmente dedicados á etnografía por salas multidisciplinares nas que, dunha banda, se poidan programar exposicións temporais con especial atención a artistas de proximididade e, doutra, se ofreza ás persoas visitantes un itinerario pola historia e a cultura da olaría. En conxunto, o proxecto implica tamén un novo deseño da panelización e da sinalización, así como a instalación de sistemas de iluminación e sonorización acordes coas novas funcións do Ecomuseo.

A intervención museográfica, impulsada polas áreas de Patrimonio e de Turismo, ten un orzamento de licitación de 30.000 euros e as empresas interesadas en desenvoler este proxecto poden presentar ofertas ata o 8 de setembro.

Comentarios