Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Quen permitiu a edificación dunha casa, agora demolida, na Rede Natura de Malpica?

Quen permitiu a edificación dunha casa, agora demolida, na Rede Natura de Malpica?
Imaxe do antes de despois da casa demolida en Barizo, Malpica

Parece que a veda está aberta e que moitos espazos singulares que no seu día foron tomados polo cemento, poderán volver ao seu estado. Realmente nin serán moitos, nin volverán ao seu estado, pero en todo caso sempre é boa nova a demolició de edificios ilegais. Xa estivemos por Fisterra e por Muros, e hoxe imos ata Malpica.

É a propia Xunta a que nos conta a demolición “voluntaria” (do propietario) dunha casa no Monte Insua, parroquia de Barizo, Concello de Malpica. E se louba de que a demolición “restaura a legalidade nun espazo da Rede Natura”. Unha demolición ditada, tras dúas multas coercitivas, no 2012 pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pero na que non se trata en absoluto as causas da edificación. Quen permitiu facer obras en Rede Natura? Por que non hai consecuencias para as administracións que o permitiron?

Antecedentes

As obras da edificación destinada a vivenda non vinculada a explotación agrícola ou gandeira, no lugar de Monte Insua parroquia de Barizo, no termo municipal de Malpica de Bergantiños, foron denunciadas polo SEPRONA, xa que carecían de autorización urbanística da Comunidade Autónoma e de licenza urbanística municipal.

Os terreos nos que se levaron a cabo as obras están clasificados como solo non urbanizable segundo as vixentes Normas subsidiarias de planeamento municipal de Malpica de Bergantiños, aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña no 1995. Así mesmo, os terreos están situados dentro do ámbito do espazo natural Costa da Morte, declarado como zona de especial protección dos valores naturais e incluído na Rede Europea Natura 2000.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios