xoves. 29.01.2026
El tiempo

O Quinteiro realiza a súa Asemblea Anual cun Cocido

Asociacion O Quinteiro de Buno Primeiro dia 24-02-2024
Imaxe da creación da Asoc. O Quinteiro o 24 de febreiro de 2024
O Quinteiro realiza a súa Asemblea Anual cun Cocido

Que mellor que aderezar as leas burocráticas dunha asociación cun cocido. Pois así o formula a familia da Asociación O Quinteiro de Buño, vai celebrar a súa asemblea este sábado 31 ás 11:00h Centro de Artesanía e Tradición (CAT) – A Camposa. Repasarán as contas e as accións realizadas durante 2025, reellixirán dous membros da directiva e posteriormente, ás 15:00h desprazaranse ao Restaurante Canta la Rana (Buño)
para gozar dun gran cocido, amenizado co baile de Eric Hidalgo, ex-cantante de Os Satélites.

As entradas xa están esgotadas.

Comentarios