Sábado. 19.09.2020
El tiempo

R chega a Malpica

R chega a Malpica

Esperando seguen pola comarca de Fisterra e Soneira. Pero R vén de anunciar que xa cobren, con rede telecomunicacións de última xeración (NGAs), os concellos de Malpica, ademais dos de Carballo e A Laracha, uníndose ao xa cuberto dende 2008 Concello de Ponteceso.
O operador galego segue despregando en toda a comunidade autónoma dentro das accións do Plan de Banda Larga da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia 2010-2013 (AMTEGA), e coma sempre, aquí chega a ralentí. Pero nunca é tarde para as infraestruturas.

Así os 3.500 habitantes e empresas malpicáns xa poden acceder aos 100 megas á fibra óptica, como o poden facer os 17.800 fogares e empresas de Carballo, A Laracha e Malpica.

Nas tarefas de despregamento de rede en Carballo, A Laracha e Malpica o operador galego investiu ata a data arredor de 13 millóns de euros e ten estendidos uns 54 quilómetros e medio de fibra óptica e 51,3 quilómetros de canalización ou obra civil. A día de hoxe dispoñen de acceso a redes de nova xeración coa calidade da fibra óptica de R o 68,4% dos núcleos programados, un total de 132 dos 193 previstos na parte do PDBL que lle atinxe ao operador galego de comunicacións por fibra óptica.

Entrementres o resto da bisbarra segue agardando a que cheguen as infraestruturas necesarias para un desenvolvemento integral.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de R.

comentarios