sábado. 14.12.2024
El tiempo

As Raigañas bailan, tocan e falan nunha nova sesión do "Elas Cántanlle á Roda"

Elas Cántanlle a roda gorin raigañas
As Raigañas bailan, tocan e falan nunha nova sesión do "Elas Cántanlle á Roda"

Música, olería e igualdade danse a man nunha nova sesión do "Elas Cántanlle á Roda”. A Asociación Visibles, coa colaboración especial do Obradoiro Gorin e o grupo de pandereteiras Raigañas, lanza este novo concerto coloquio único e cheo de maxia para este domingo 26 de novembro ás 12:30h no Obradoiro Gorín.

Nesta xornada tan orixinal, o grupo de pandereteiras Raigañas mergullaranos no fascinante mundo da música tradicional galega, máis concretamente na riqueza cultural de Bergantiños destacando o valioso papel que desempeñaron as mulleres nesta tradición.

Poderanse descubrir historias e vivencias que marcaron a historia musical de Galicia a través das compoñentes de Raigañas, que despois deleitarán coas súas voces e pandeiretas. A experiencia enriquecerase aínda máis cunha demostración simultánea ao torno do talentoso mestre alfareiro Gorín.

A entrada é gratuíta para que todas e todos poidan sumarse a esta festa da cultura galega.

Comentarios