Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A Raigañas pecha o curso en clave de casamento

Fin de curso da Raiganas
A Raigañas pecha o curso en clave de casamento

Despois da existosa Foliada, a familia da Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda despide o curso de actividades. E faino cunha gala que ser celebrará este sábado 25 no centro cívico de Malpica a partir das 19:30 h. Moito lles presta disfrazalo todo ás bravas Raigañas, e a temática deste ano vai sobre a recreación dun casamento dos de antes, que se celebraban nas casas co baile da Regueifa incluído e algunha que outra sorpresa.

Como nos últimos anos, a escola de música e baile de Raigañas fará unha demostración do aprendido durante o curso. Comenzará co espectáculo de baile moderno e de seguida dará paso ó espectáculo de música e baile tradicional.

Comentarios