Martes. 15.10.2024
El tiempo

A rapazada de Malpica pinta as súas rúas

PintarnaRúa1
A rapazada de Malpica pinta as súas rúas

Volve o proxecto de muralismo Pintar na Rúa a Malpica. A Concellería de Educación e Cultura, puxo en marcha o obradoiro de pintura e recuperación de espazos urbanos, destinado á rapazada de entre 6 e 14 anos. Un taller para encher de vida e cor as rúas do municipio ao mesmo tempo que a xuventude malpicá se forma neste ámbito artístico.

Cómpre lembrar que Malpica foi un dos primeiros municipios da Costa da Morte no tratamento artístico de espazos degradados polo paso do tempo. O proxecto Pintar na Rúa comezou no 2014 co pintado do muro exterior do Centro Cívico, pouco despois de arrincar o proxecto Derrubando Muros en Carballo.

Nas imaxes, o grupo está a completar o pintado do recinto do recentemente inaugurado parque infantil de Malpica. Neste caso trátanse de motivos relacionados co mar, a súa fauna e a súa flora.

PintarnaRúa2

Comentarios