Venres. 29.03.2024
El tiempo

Confirman o falecemento da persoa que foi rescatada esta mañá nos cantís de Punta Nariga

Rescate en Punta Nariga a
Rescate en Punta Nariga a
Confirman o falecemento da persoa que foi rescatada esta mañá nos cantís de Punta Nariga

Amplo dispositivo de busca despregado esta mañá en Malpica pola desaparición dunha persoa preto do Faro Nariga. Preto das 9:00h a Garda Civil daba conta de que unha persoa que caera nun cantil nunha zona rochosa preto do Faro de Nariga, onde habitualmente traballan os percebeiros.

O 112 avisaba a Urxencias Sanitarias, policía Local, Bombeiros de Bergantiños e GES de Ponteceso.

O home estaba nunha zona de difícil acceso, os membros de seguridade utilizan material de escalada para achegarse ata el. Cando conseguiron chegar comprobaron que non estaba morto, pero que tiña "un arpón de pesca cravado na cabeza", segundo sinalan os medios de emerxencia, que pediron o helicóptero medicalizado.

Finalmente a persoa falecía durante o traxecto de evacuación.

Rescate en Punta Nariga 3Rescate en Punta Nariga

Comentarios