Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Salitre lanza un Ultratrail polo Camiño dos Faros para visibilizar as Enfermidades Raras

A AC Salitre de Malpica invitando ao UTF Camino dos Faros por FEGERC
A familia da AC Salitre de Malpica invitando a participar na saída do UTF Camiño dos Faros para visibilizar as Enfermidades Raras
Salitre lanza un Ultratrail polo Camiño dos Faros para visibilizar as Enfermidades Raras

Nova cita deportiva solidaria arredor do Camiño dos Faros. A Asociación ACD Salitre, en colaboración coa FEGERAC (Asociación de Enfermidades Raras e Crónicas de Galicia), o club 21 Leguas de Narón e o Concello de Malpica, prepara o Reto Solidario Salitre 558, un Ultratrail polo Camino dos Faros, co único obxectivo de visibilizar as enfermedades raras.

As entidades, baixo o lema “Soy raro, soy único”, está defendendo o dereito á investigación e tratamento necesario para deixar de ser as grandes esquecidas.

A proba desenvolverase do 20 ao 22 de setembro. As 19:00h do venres 20 presentarán a proba no Concello, despois os corredores e o equipo cearán no Bar JB da praia, para proceder ao encendido das antorchas ao son das pandeiretas da AC Raigañas. Aí botarán a foto oficial deste UTF,

A saída será ás 21:45, da man das gaitas de Malante, e os 5 corredores botarán dous días para chegar a Fisterra.

Outras novas

Comentarios