Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Os Cormoráns arman un Festival Solidario para descubrir o talento musical da comarca

Festival dos Cormorans solidario con Princesa Rett
Os Cormoráns arman un Festival Solidario para descubrir o talento musical da comarca

Esta fin de semana foi presentado o III Festival Solidario organizado pola Asociación Deportivo Cultural Os Cormoráns en beneficio da AECC e Mi Princesa Rett. O 28 de setembro, a Praza do Pendón de Cabana de Bergantiños acollerá, dende as 12:00h, unha cita perfecta para descubrir o talento musical que temos na comarca, pois pasarán polo escenario unha marea de bandas de música tradicional, pero tamén outra de grupos de pop/rock, así como grupos das Escolas de Música.

Como representantes da entidade organizadora, Trini Castiñeira e Carlos Manuel Martínez agradeceron a todo o voluntariado que fai posible a festa, así como aos establecimentos, ao Concello, e a “todos os grupos que veñen, porque o fan de forma altruista, cun interese e paixón espectacular”.

Na presentación estiveron acompñados pola pequena Daniela, e os seus pais, Noelia e Adrián, membros activos de Mi Princesa Rett, así como por Julia Blanco, da Asociación Española contra o Cancro de Cabana.

A recadación será a través da venda de rifas e sorteos con produtos doados polos comercios da zona, e a través dunha porcentaxe do servizo de comida e bebida que xestionará o restaurante zaseiro Tívoli.

Poderemos ver grupos tradicionais como Adri, Alana, O Cansorriño, Maruxía, Os Farrapos, Trubisquiña… Pero tamén grupos de música por/rock, como os Rusty Nuts de Carballo; A sombra dos soños, da Laracha; Henko, de Laxe e Zas; Mal juicio, de Zas; Os Coídos, de Vimianzo; The incidentes, Plan de Fuga ou Máxica, que teñen xente de Cabana, Coruña…; ou 12 labirinto e Mr. Kamándula, que chegan dende Cerceda.

Máis novas

Comentarios