Sábado. 04.07.2020
El tiempo

O Santo Hadrián de Malpica e o San Pedro da Ponte do Porto si terán misas

O Santo Hadrián de Malpica e o San Pedro da Ponte do Porto si terán misas

Finalmente, e segundo o concelleiro de Turismo, Seguridad e Policia no Concello de Malpica, Alfredo Cañizo, este domingo 21 de xuño si que haberá misas durante a Romería de San Adrián do Mar. Se ben non haberá ningún posto de venta nas inmediacións da Capela, e haberá dispensadores de xel e un exahustivo control de aforos e dos distanciamento, si que se desenvolverán as misas habitualmente.

”Haberá controis de aforo en distintos puntos do camiño da Capela do Santo Adrián, e mesmo non se permitirá que suban os coches e todo tipo de tránsito rodado ata as inmediación de dita Capela, para evitar deste xeito esas posibles aglomeracións”, explica Cañizo, que agradece de antemán a colaboración da Garda Civil, da Garda Civil de Tráfico, da Policia Local e de Protección Civil.

Unha cita que se compaxinará con singular fenómeno que acontece na zona de Nariga durante o solsticio de verán cando o sol sae e se pon polo leito mariño.

Na Ponte

Este ano a Ponte do Porto celebrará as súas festas na honra a San Pedro dun xeito diferente.

comentarios