Un Nadal de cantos e contos coas Raigañas de Cerqueda


A Asociación Cultural Raigañas artellou un amplo programa de actos de Nadal no que destaca a novidade de percorrer os distintos lugares con cantos de Noiteboa e Aninovo.
Precisamente o programa arranca o 24 de decembro cun percorrido polos lugares e bares da parroquia no que as cantareiras Raigañas interpretarán distintos cantos de Nadal de carácter tradicional que se prepararon no seo da Escola de Música e Danza Tradicional.
Ó día seguinte, no 25 de decembro, terá lugar a clásica representación do Belén Vivente. Coma en anos anteriores realizarase no adro da igrexa de San Cristovo. A partir das 10 da mañá os grupos de Teatro e Música Tradicional de Raigañas revivirán o nacemento do neno Xesús engalanado con música e cantos de Nadal.
Para despedir o ano, o 31 de decembro, retomarase o percorrido das cantareiras con Cantos de Nadal.
A última cita do programa será a Cabalgata de Reis que visitará todas as casas da parroquia nun camión engalanado.
Concurso de Debuxos e Contos
Para os máis pequenos, Raigañas prosegue co Concurso de Debuxos e Contos. Os nenos e nenas que teñan ata cinco anos poderán participar no apartado de debuxos. Os de seis anos en diante poderán facelo no de contos. A data límite para a entrega de traballos será o 1 de xaneiro. Os traballos deberán depositarse nos buzóns reais da igrexa, do local social das Pozacas ou entregarllo a calquera compoñente da directiva. Os galardoados terán o privilexio de recibir os seus premios nas súas casas de mans dos Reis Magos na mañá do 6 de xaneiro.
A organización deste programa de Nadal corre a cargo da Asociación Cultural Raigañas e conta coa colaboración da Asociación de Veciños Monte d’Arxa, da Asociación Cabalar Os Veteranos e da Comisión de Festas de Cerqueda.
Programa de actos da Raigañas
24 de decembro | As cantareiras Raigañas intepretan Cantos de Noiteboa polos bares e lugares da parroquia.
25 decembro | A partir das 10 da mañá. Belén Vivente no adro da igrexa. Recreación teatral animada con música tradicional e cantos de Nadal.
31 decembro | As cantareiras Raigañas intepretan Cantos de Nadal polos bares e lugares da parroquia.
1 xaneiro | Concurso de Debuxos e Contos. Último día para a entrega dos traballo. Poden depositarse no buzón da igrexa, no do local social das Pozacas ou entregalo a calquera compoñente da directiva. O concurso de debuxos é para nenos e nenas ata 5 anos. O de contos é para os de 6 anos en diante.
6 xaneiro | Cabalgata de Reis. Pola mañá, a comitiva real percorrerá en camión todos os lugares da parroquia. Os Magos aproveitarán para entregar nas propias casas dos nenos os premios do Concurso de Debuxos e Contos.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da AC Raigañas.