Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará Buño e Malpica o 28 de decembro
 
          
    08:28 20/12/23 
            O 28 de decembro unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, achegarase a Malpica. Estará en Buño diante do Tele-Clube de 16.00 a 18.00 horas e en Malpica diante do Centro Cívico de 18.30 a 21.00 horas. As persoas interesadas poderán doar sangue, sempre e cando teñan máis de 18 anos e pesen máis de 50 quilos.
 
       
       
             
             
             
             
         
           
          