Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Uns traballos de rehabilitación garantirán a seguridade da canteira de Monte Neme

Uns traballos de rehabilitación garantirán a seguridade da canteira de Monte Neme
Varios tecnicos e politicos visitaron onte a contorna da canteira de Monte Neme Varios técnicos e políticos visitaron onte a contorna da canteira de Monte Neme "De xeito inmediato" executaranse unha serie de intervencións previas á execución do plan de recuperación da canteira de Monte Neme. Así llo transmitiu onte o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, aos alcaldes dos concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños nunha reunión que mantivo para informarlles das novas actuacións previstas. "Estes traballos permitirán mellorar a estabilidade dos noiros antes do inverno" manifestou Ángel Bernando Tahoces. Segundo explicou Tahoces, o obxectivo prioritario é o de asegurar os noiros das balsas norte e sur, así como derivar as escorrentías para evitar que as choivas do inverno provoquen desbordamentos. No que respecta aos residuos, primeiro identificaranse as áreas onde están situados e logo será cando se trasladen para o seu tratamento. O Director Xeral de Enerxía e Minas subliñou que, aínda que non se trata de residuos relacionados coa explotación mineira, senón máis ben voluminosos de vertedoiros incontrolados, procederase igualmente á súa retirada. O director xeral de Enerxía e Minas indicou que esta actuación preliminar se executa de acordo aos informes dos técnicos da xefatura territorial da Coruña para reducir a presión na cabeza do talude que está localizado na zona norte e incrementar a cota de desaugue, o que contribúe a aumentar a seguridade na canteira. Os alcaldes de Carballo e Malpica mantiveron unha reunion co director xeral de Enerxia e Minas Os alcaldes de Carballo e Malpica mantiveron unha reunión co director xeral de Enerxía e Minas En concreto, as obras consistirán na retirada da terra vexetal, que se aproveitará na restauración, e no recorte da altura dos noiros cubrindo os ocos existentes con este material previamente extraído. Seguno manifestou o director xeral esta actuación é compatible cos traballos de rehabilitación definitivos que están incluídos no proxecto aprobado para a canteira de Monte Neme e os traballos executaranse de acordo a criterios de integración paisaxística. A Xunta e os concellos tamén colaborarán na limpeza dos restos que se foron acumulando dentro do perímetro do plan de peche e abandono da actividade. Así, trasladarase o material a un punto limpo de Carballo, no que o goberno local se encargará da súa recepción e posterior tratamento. Pendente a rexeneración integral da zona Unha terceira fase na rexeneración de Monte Neme sería a posta en marcha do Plan de Peche e Abadono da mina aprobado pola Xunta en 2014, pouco despois das riadas provocadas polo desbordamento das balsas. Segundo sinala Tahoces, non se descarta unha reformulación do plan para que, ademais de reforestar a zona, a antiga mina poida ter algún tipo de beneficio engadido para os concellos implicados, Malpica e Carballo, e para os seus veciños e veciñas. A visita institucional de Tahoces, que comezou cunha xuntanza na Casa do Concello de Carballo, rematou cunha visita á contorna da mina, na que se identificaron algúns dos vertedoiros incontrolados e na que tamén se procedeu a comprobar o estados dos noiros e das balsas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios