Martes. 19.10.2021
El tiempo

O uso tractor municipal, a debate en Malpica

tractor municipal en finca privada 2
O uso tractor municipal, a debate en Malpica

Sairá no pleno deste mes, pero o PP decidiu enviar unha nota de prensa denunciando o suposto uso irregular do tractor municipal por parte do departamento de Obras do Concello de Malpica. Eduardo Parga alertaba de que se realizaron traballos de roza e limpeza nunha finca privada no lugar de Piñeiros, e mesmo avisaba de que “o uso de bens municipais para favorecer a particulares, pode incorrer nun suposto delito de malversación de bens públicos e incluso prevaricación de aí a nosa denuncia publica ante o ocorrido”.

Lonxe de entrar na polémica, o responsable do Departamento, Alfredo Cañizo, sinala que “simplemente quitamos os vieiteiros dunha finca que atrancaba nun camiño”. “Todo o que me interrumpa a vía pública, vouno limpar, agora e sempre”, engade”, deixando claro que “non se cortou a finca de ninguén, e se teño que facelo de novo, volvería facelo”.

Aproveitou para lanzar tamén dardos contra o grupo da oposición. “Eles si que limparon fincas privadas. Pero sobre todo parece mentira que o PP se dedique a estas nimiedades. É moita pobreza que, con todo o que está pasando, estean protestando por isto”.

comentarios