Venres. 18.06.2021
El tiempo

Unha viaxe dende a escola malpicá ata o corazón dos océanos

Exposición Malpica
Unha viaxe dende a escola malpicá ata o corazón dos océanos
O alumnado dos centros escolares de Malpica participaron onte, Día Mundial dos Océanos, en varias visitas guiadas á Exposición de Fotografía Subacuática que está dispoñible nas instalacións do Centro Cívico.

A rapazada puido observar as imaxes cedidas por José Antonio García Montes (de Buceo Malpica), Xaime Beiro e a Federación Galega de Actividades Subacuáticas. Tamén gozaron dunha proxección dun documental medioambiental de índole educativa.

A exposición permanecerá dispoñible ata o día 18 de xuño para todas aquelas persoas que se queiran achear en horario de 8:30 a 20:00 horas de luns a venres.

 

comentarios