Venres. 19.04.2024
El tiempo

Viki Rivadulla e Suso Lista déixannos un venres completo para Malpica

Viki Rivadulla e Suso Lista en Malpica
Viki Rivadulla e Suso Lista déixannos un venres completo para Malpica

Cita obrigada este venres 20 de maio en Malpica. Dous nomes como Viki Rivadulla e Suso Lista serán protagonistas en diferentes actividades.

Ás 19:00h arrinca a tarde coa inauguración da mostra de Viki “Carrexadoras” no Centro Cívico. Emma Abella e Miguel Anxo Mato Fondo acompañarán á artista muxiá nesta exposición promovida polo departamento de Educación, Cultura, Patrimonio e Deporte, dentro do programa “Malpica nun mar de letras 2022”.
A exposición, asinada pola artista plástica de Muxía, mestura acrílico con canvas nunha serie de cadros que mostran ás mulleres da terra e que poderá visitarse ata o 30 de maio.

De seguido, toca achegarse ao Cornecho, esa “taberna convertida en lugar de encontro e de iniciativas culturais importantes”, como a califica o propio Mato Fondo, porque ás 20:30h, o tamén noso Suso Lista achega a súa conferencia baseada no artigo publicado en QPC ”Nerigha, onde ceo, terra e mar se xuntan”, que xa expuxo no Local das Portas Ártabras da Coruña.

Artigos de Viki Rivadulla en QPC

Artigos de Suso Lista en QPC

Comentarios