O voluntariado mobilizouse con LimpOcean e deixou moito máis limpa a praia de Beo
07:34 07/02/22
Esta fin de semana, o fermoso recuncho malpicán que visitábamos, a Praia de Beo, quedaba moito máis limpa gracias á vontade de ducias de voluntarios que se uniron o pasado sábado á limpeza convocada polo colectivo Limpocean. Coa axuda do Concello de Malpica, e coa presenza de varios membros da corporación entre os voluntarios, recolleron gran cantidade de lixo mariño, sobre todo plásticos, para evitar a contaminación do mar.
Pequenas accións que poden significar moito. "Toma conciencia, mobilízate, suma ó medio ambiente!", trasladan dende a concellaría.