Martes. 15.10.2024
El tiempo

O alumnado de Laxe, o segundo en disfrutar das excursións medioambientais con Mar de Fábula

Exif_JPEG_420
O alumnado de Laxe, o segundo en disfrutar das excursións medioambientais con Mar de Fábula

Continúa a Asociación Mar de Fábula levando polas escolas as súas fundamentais escapadas de concienciación medioambiental e fomento da creatividade nas escolas da bisbarra. Trala estrea do programa anual co alumnado do CEIP de Camelle, esta semana tocoulle a 17 alumn@s e 2 profesoras de 6º de Primaria do CEIP Cabo da Area de Laxe disfrutar da excursió ambiental a Camelle.

A primeira parada consiste nun pase pola praia, onde se procede a realizar unha recollida de todo o lixo que se atope polo areal, para posteriormente clasificalo e analizalo. Puideron comprobar e preguntar como é posible que acaben aí 6 máscaras, 19 botellas de plástico ou latas, 14 prendas ou anacos de roupa, 130 anacos de plástico, 12 bastonciños de orellas, 16 toalliñas, 1 compresa, 151 anacos de cordas… E iso que a semana pasada se realizara unha limpeza semellante.
Unha vez analizado puideron corroborar que un 40% dos refugados proceden da práctica da pesca, pero un 60% é da nosa actividade diaria como consumidores e mal recicladores.

Exif_JPEG_420

Logo, baixo un cálido sol de inverno, merendaron sentados dentro e fora das instalacións de Mar de Fábula. Repostas as forzas, proxectouselles un vídeo de 5 minutos sobre a formación das criaturas caóticas e creouse unha minicharla participativa de experiencias e información co fin de sementar boas prácticas ambientais nestas mentes.
Ao final, até o remate da xornada, cada un creou as súas obras fantásticas manexando anacos lixo plástico estibado baixo as mesas de traballo.

Novas sobre Mar de Fábula

Comentarios