Xa chega a Romaría de Santo Hadrián
Xa chegas as festas máis importantes do verán en Malpica e unha das 9 Festas de Interese Turístico na Costa da Morte. A Romaría do Santo Hadrián é unha desas citas con historia, activa dende os anos 20 do século pasado.
Este 2014, Malpica combinará o Corpus e o Santo Hadrián para traer unhas festas de primeira. Arrincarán o venres 20 de xuño con pasarrúas matutino, sesión vermú co dúo Calú, e verbena, nada menos que coa Panorama e Armonía Show.
Para o sábado 21 de xuño haberá s.v. co Düo Malante, e verbena con Filadelfia e Metrópolis, rematando a noite cunha sesión de Batukada con Batuki polos pubs da vila.
O domingo 22 de xuño será a cita da Romaría do Santo Hadrián. O santo sará ás 8:00h cara a capela, haberá misa e comida romeira na zona de San Adrián, para volver ás 17:00h. Pola noite, hai tamén verbena cos laxenses de O Tren da Unha Show.
Este é o vídeo que armaron dende a Comisión para promocionar a festa:
Novas relacionadas
- Recuperando o patrimonio de San Adrián de Malpica.
- Unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- En bici ao San Adrián de Malpica.
- 2008: A Romaría do Santo Hadrián de Malpica é declarada festa de Interese Turístico.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).