Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xa temos programa para a celebración dos 30 anos da Mostra de Olería de Buño

Xa temos programa para a celebración dos 30 anos da Mostra de Olería de Buño
As demostracions en vivo son unha das actividades mais seguidas da Mostra de Oleria de Bunho

Presentouse onte a programación da XXX edición da Mostra da Olería de Buño, que terá lugar entre o 2 e o 11 de agosto. Unha presentación na que participou o presidente da Deputación, que aporta 60.000€, Diego Calvo, alcalde de Malpica, Eduardo Parga, o concelleiro de turismo, Alfredo Cañizo, e o secretario da Asociación de Oleiros de Buño, José Antonio Añón Lista.

Todos salientarion a cifra dos 30 anos viva, “o valor de seguir medrando en épocas de dificultades económicas”, e incidiron na necesidade desta feira para a promoción dunha actividade artesanal que “deberían aprender os mozos”, como destacaba o representante dos oleiros.

O secretario dos Oleiros Anon amosalle unha peza de Buno a Diego Calvo

Festa de Interese Turístico e motor económico

Falamos dunha das Festas de Interese Turístico da Costa da Morte que ademais convertiu unha tradición nun dos meirandes referentes a nivel galego en canto a artesanía, e que xa é todo un motor económico, o máis importante da pequena vila de Buño. Non hai máis que apuntar que na vila, e a pesar da crise, seguen vivos os 17 talleres de artesáns e as 9 tendas.

Ademais, este ano conseguiron un bo convenio coa propia Deputación que entrega como obsequio institucional unha peza de Buño.

Así, o secretario da Asociación de Oleiros de Buño, José Antonio Añón Lista, recordou que a Mostra de Olería de Buño “non so foi importante, senón tamén fundamental para darnos a coñecer porque esta artesanía comezou sendo simplemente utilitaria e agora trátase dun elemento decorativo”.

Programa da XXX Mostra da Olería de Buño

Actividades permanentes

Na Casa do Oleiro, A Camposa - Buño (Malpica). De 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h:

  • Exposición "Os Nosos Oleiros";
  • Obradoiro de barro para nenos, tódolos días de 17:00 h. a 20:00 h.;
  • Música e danza tradicional, animación de rúa e novo circo, tódolos días a partir das 19:00 h..
  • Exposición “Oleiros de Buño”.
  • Exposición de carteis de tódalas mostras.
  • Esposición de Pintura “De colores”. Pilar Pastoriza.
  • Exposición de Pintura ao Oleo (Asociación de Amas de Casa de Malpica e Aula de Pintura de Corme)
  • Stands de venda dos oleiros na Carpa con Exhibicións dun oleiro no torno, tódolos días de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 21:00 h.
  • Ecomuseo do Forno do Forte, aberto de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 21:00 h.

Actividades paralelas

  • Venres 2 de agosto de 2013: Xornada inaugural.
    - 17.00 h. IX Encontros de música e danza tradicional con A.C. Carcaxía, A.C. Raigañas e A.C. Malante.
    - 18.00 h. Acto oficial de inauguración.
    - 18.30 h. Visita ás dependencias da Mostra da Olería.
  • Sábado 3 de agosto de 2013: Olería e tradición.
    - 11.00 h. Carga do forno (Ecomuseo Forno do Forte).
    - 15.00 h. Prendido do forno (Ecomuseo Forno do Forte).
    - 19.00 h. Kanbahiota. Vaia Circo!
    - 21.00 h. Festa da Carroa e actuación de Fol de Veneno (Ecomuseo Forno do Forte).
  • Domingo 4 de agosto de 2013: Olería e tradición.
    - 10.00 h. Ruta da Olería.
    - 11.00 h. Descarga do forno.
    - 19.00 h. Exhibición de música e danza tradicional da A. C. Malante.
  • Luns 5 de agosto de 2013.
    - 19.00 h. Exhibición de música e danza tradicional da A. C. Raices Combinadas.
  • Martes 6 de agosto de 2013: Os nenos na olería.
    - 17.00 h. Concurso de modelado e xogos para nenos/as.
    - 19.00 h. Entrega de premios e agasallos a gañadores/as e participantes.
  • Mércores 7 de agosto de 2013.
    - 11.00 h. Visita da Ludoteca Infantil ó Ecomuseo “Forno do Forte”.
    - 11.30 h. Visita da Ludoteca Infantil á Mostra da Olería (Avisar Monitores/as do barro).
    - 19.00 h. Os Sete Magníficos Máis Un. A Historia de Brancafror.
  • Xoves 8 de agosto de 2013.
    - 19.00 h. Isla LeTrisca. Inmóbile.
  • Venres 9 de agosto de 2013.
    - 19.00 h. Exhibición de música e danza tradicional da A. C. Carcaxía.
  • Sábado 10 de agosto de 2013.
    - 19.00 h. Circo Chosco. Chosco Voando!
  • Domingo 11 de agosto de 2013: Xornada de Clausura.
    - 18.00 h. Trofeo Mostra Olería de Futbol: Malpica S.C.D. – U.D. Cerqueda – Buño S.D. (Campo de Futbol de Xaviña).
    - 19.00 h. Exhibición de música e danza tradicional da A. C. Raigañas.
    - 19.45 h. Sorteo de lote de pezas.
    - 20.00 h. Acto de clausura da XXX Mostra da Olería de Buño.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios