Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A olería de Buño e as atadoras de Corme amosan a tradición costeira a toda Galicia

A olería de Buño e as atadoras de Corme amosan a tradición costeira a toda Galicia
Fernando Mouron foi o representante da Oleria de Buno na Mostra de Agolada

Esta fin de semana, Agolada acollía II Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. Milleiros de persoas pasaron a disfrutar das mellores casas artesás do país, ademais de coñecer os oficios máis propios, e dúas das 11 firmas presentes tiñan denomicación de orixe "Costa da Morte". Falamos da Olería de Buño e das Redeiras de Corme, que tiveron o seu posto durante toda a mostra, amosando a súa artesanía e o seu secular oficio.

O mercado ubicouse nos Pendellos de Agolada, un conxunto arquitectónico declarado conxunto histórico-artístico no ano 1985 e que foi rehabilitado pola Xunta de Galicia hai dous anos. E alí estiveron Fernando Mourón representando á olería malpicá, e a Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme.

As Redeiras de Corme na mostra de Agolada

Comercialización

A delegada territorial destacou que a Xunta está a desenvolver “unha estratexia integral destinada á promoción e ao desenvolvemento do sector artesanal galego apostando pola innovación e fomentando a capacidade de adaptación ás novas tendencias do mercado e ao deseño”. Neste contexto, apuntou Do Campo, un dos obxectivos da Consellería de Economía e Industria é reforzar e mellorar a presenza da artesanía galega nos mercados, a nivel nacional e internacional.
Nesta liña, a delegada comentou que o Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia é un proxecto orientado “á comercialización, á exhibición e á promoción da artesanía galega” e aspira a “converterse nun referente para o sector artesanal”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios