Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xelucho Abella sae homenaxeado na presentación do seu libro

Xelucho Abella sae homenaxeado na presentación do seu libro
Xelucho Abella durante a presentacion do seu libro

É unha persoa tremendamente querida en Malpica. E esas cousas nótanse cando hai unha presentación como a de onte. A capela do Santo Hadrián encheuse para escoitar e homenaxear ao bo de Xelucho Abella, que presentaba a reedición do seu libro “As aventuras de Pelusa”.

Pelusa é unha cadeliña e a súa historia será empregada con fins didácticas nos centros educativos dos municipios de Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe.

Pero “As aventuras de Pelusa” é moito máis que un conto para nenos. É unha novela curta, a modo de fábula, moi profunda, sobre a vida humana, accesible para os nenos, pero tamén para os adultos.

Un libro no que están implicados o colectivo de profesores Per Loca Marítima, estudantes, a Fundación Eduardo Pondal, os concellos de Costa Bergantiñá (Malpica, Ponteceso, Laxe e Cabana), a Deputación Provincial da Coruña e a Consellería de Educación. No nome da institución autonómica interviu José María Varela, que foi, precisamente, o encargado de explicar como se fraguou a nova edición da obra de Xelucho Abella.

O autor, que estivo arroupado por un cento de veciños, compañeiros da docencia, amigos e familiares, agradeceu a implicación das persoas e colectivos que fixeron posible esta segunda entrega de “As aventuras de Pelusa”, na que cambia o formato e inclúese ao final un diccionario que recolle algúns dos termos utilizados no libro porque son moi específicos da área xeográfica na que se desenvolve a historia.

As autoridades estiveron acompañadas na mesa presidencial por un grupo de estudantes, que leron algún fragmentos da súa obra, e unha das nenas máis pequenas fíxolle entrega ao autor de un regalo moi especial, unha reproducción en barro de Pelusa realizada polas mans expertas do oleiro Aparicio, e cunha dedicatoria dos nenos e nenas da Costa da Morte a Xelucho: “Grazas por Pelusa”. A interpretación do Himno do Antigo Reino de Galicia e os aplausos de todo o público puxeron fin ao acto. Pero a presenza de Xelucho Abella na capela do Santo Hadrián prolongouse máis dunha hora dada a longa ringleira que se formou para pedirlle a dedicatoria do libro.

Cheo na Capela de Santo Hadrian para escoitar a Xelucho Abella

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios