Xoves. 11.08.2022
El tiempo

A XLIX Regata Rías Altas chegará a Malpica este xoves

XLIX REGATA RÍAS ALTAS 2022
A XLIX Regata Rías Altas chegará a Malpica este xoves
Hoxe, 26 de xullo, ás 12.00h terá lugar a presentación da 49 regata Rías Altas- Campionato de España de Altura no salón de actos do RCN Coruña.

A presentación do evento correrá a cargo de Jorge Etheverría, Comodoro do Náutico coruñés, organizador da proba deportiva.
A regata disputarase nos vindeiros días xoves, venres, sábado e domingo e dividirase en catro etapas:
A Coruña-Malpica, Malpica-Ferrol, Ferrol-Cedeira e Cedeira-A Coruña.

O día 28 está previsto que os regatistas da primeira etapa A Coruña-Malpica cheguen ao porto de Malpica ás oito da tarde, onde serán recibidos polo alcalde de Malpica, Eduardo Parga e polas concelleiras Pilar Doldán e Noelia Freijeiro.
O domingo pola mañá, os regatistas sirán do porto de Malpica ata Ferrol.

comentarios