Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Xosé Manuel Varela tamén leva os seus obradoiros de lendas aos coles de Malpica

Xosé Manuel Varela tamén leva os seus obradoiros de lendas aos coles de Malpica
Obradoiro de Lendas con XM Varela Varela en Buno

Os escolares do concello de Malpica de Bergantiños converteranse nos próximos destinatarios do resultado das xornadas de investigación de lendas malpicás realizado semanas atrás polo noso colaborador, o filólogo e dinamizador cultural Xosé Manuel Varela Varela, nas Aulas de Lecer de Buño e Malpica. Os colexios participantes serán o CEIP Milladoiro de Malpica, o IES Urbano Lugrís de Seaia e o CEIP Xoaquín Rodríguez Otero de Buño.

E chegan despois das interesantísima sesións de lendas organizada polo servizo de dinamización lingüística celebradas en Malpica e Buño. Unhas sesións de intercambio, nas que Varela tomou boa nota de todas as historias que foron relatando as participantes no curso de manualidades.

Nos coles

A primeira cita terá lugar o vindeiro martes 14 de outubro. A partir das 12 da mañá, Varela desenvolverá no colexio Milladoiro un obradoiro con alumnado de 6° de Educación Primaria. O seguinte encontro está programado para o martes 21 de outubro. Os obradoiros de lendas desenvolveranse ó longo de toda a xornada. Os destinatarios do pase da mañá será o alumnado de 1° e 3° de ESO do Urbano Lugrís, en dúas sesións que darán comezo ás 12.35 h. Para a xornada de tarde, os protagonistas serán os de 5° e 6° de Primaria de Buño.

Con estas catro sesións de transmisión xeracional de literatura oral, precedida por outra xa realizada no mes de maio con alumnado de 4° de ESO do Urbano Lugrís, péchanse as actividades de dinamización lingüística do presente ano e que contaron co respaldo da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Non obstante, o próximo obxectivo será divulgar nunha publicación ilustrada estas interesantes mostras de tradición que abranguen a totalidade das parroquias do concello.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios