14 novos permex de percebeiros en Muxía, Corme e Malpica

05:28 06/03/18

15 días teñen os percebeiros de Muxía, Corme e Malpica para presentar a documentación e poder acceder aos 14 novos permisos de explotación de percebe a pé. A Xunta convoca 8 prazas para Muxía, 4 para Corme e 2 para Malpica.
Os interesados poderán consultar as convocatorias na páxina web da Consellería. Neste enlace poderán consultar a convocatoria de Muxía, neste enlace a de Corme; e nestoutro a de Malpica.
O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.
Fonte
- Xunta.