Sábado. 20.04.2024
El tiempo

30 anos do Casón e moitas preguntas sen resposta

30 anos do Casón e moitas preguntas sen resposta
Durante semanas houbo explosións a bordo do Casón Durante semanas houbo explosións a bordo do Casó Un 5 de decembro do 1987, a primeira hora da mañá, Salvamento Marítimo recibía o SOS dun buque de bandeira panameña pero tripulado por 23 cidadáns de nacionalidade chinesa. O mercante, cargado de productos químicos, sufrira un incendio e os tripulantes saltaban literalmente pola borda morrendo ao caer o mar (de feito, so os 8 rescatados polo helicóptero Helimer sobreviviron para contalo). Este abandono a vida ou morte do barco, unido ao que contaban os sobrevivientes nun pésimo ingles,  provocaron que saltase a alarma entre os veciños da comarca. A confirmación, dous días despois, por parte da Comandancia de Mariña de A Coruña de que o buque transportaba produtos tóxicos non fixo mais que avivar un medo que se convertía en histeria colectiva tan so 3 días despois.
 Os informes sobre a natureza da carga do buque,  as explosións que comezaron a producirse no interior do mercante e unha pésima coordinación por parte das autoridades, acabaron por desatar unha onda de histeria, que a Administración, lonxe de calmar, aumentou co anuncio, a noite do día 10 de Decembro, do envío dunha gran flota de autobuses (cabe lembrar que daquela a dotación da comarca en materia de transporte público era peor aínda que agora, se cabe) para evacuar a poboación da zona polo alto risco para a saude da nube tóxica que xa comezaba a ser notoria e visible dende Muxía.
Alarmados, moitos veciños de Fisterra, Muxía, Cee e Corcubión decidiron non agardar a orde das autoridades e, pese aos desmentidos posteriores e a os chamamentos a calma, emprenderon polos seus propios medios unha fuxida que os levou a Santiago, A Coruña ou Vigo, para ser acollidos por familiares e amigos, ou nalgún caso, en polideportivos e colexios. Moitos foron os que quedaron pero o dano, despois dunha noite difícil de esquecer, xa estaba feito. A situación comezou a normalizarse un día despois co regreso da maioría dos veciños as súas casas, pero o siniestro aínda propiciou grandes "danos colaterais", como as derivadas do paro en Alumina Aluminio en San Cibrao (Lugo) a onde se transportaron os famosos bidons descargados do mercante e cargados de productos químicos e moitas preguntas aínda sen resposta 30 anos despois.

Comentarios