A caldeira do CEIP Praia de Quenxe provoca un vertido de 3.000 litros de gasoil


Estes días houbo un lixeiro cheiro a fuel en Quenxe. A zona da praia corcubionesa vén de sufrir unha vertedura de entre 3.000 e 4.000 litros de gasoil. Ao parecer houbo unha avaría durante a fin de semana na caldeira do CEIP Praia de Quenxe, despois de que o venres tocase repostar. O vertido puido ter comezando o sábado, pois xa cheiraba lixeiramente pero moitos daban por suposto que sería un “sentinaso” da limpeza dalgún barco.
O domingo o Seprona avisou ao Conserxe, que deu alerta á inspección, pero non houbo orde ata o luns. Fio o luns ás 14:00h cando confirmaron que podía ser da caldeira e ordearon retirar todo o gasoil restante. A diferencia entre o cargado e o que quedaba estaba entre os 3.000 e 4.000 litros de gasoil que se verteron directamente ao mar de Quenxe.
O máis grave do asunto é que a Xunta recoñece que as antigas caldeiras están soterradas, e que non ten xeito de revisalas, polo que cando fallan, só se pode comprobar deste cruel xeito.
A directora Martina Trillo tardou en atopar, dada a habitual a “burrocracia”, cos responsables destes eventos, pero conseguiu falar co Plan Director de Vertidos, que enviaron, finalmente un inspector.
A directora lembra que é importante é saber tamén cando persoa vexa un vertido é posible ter resposta chamando ao 112.
Hoxe xa non hai olor, despois de que onte se deixase de verter, xa non cheira a fuel na zona. E afortunadamente hoxe martes foi o primeiro día sen calefacción, e menos mal que será o último día de cole, pois mañá hai festival e o xoves xa comezan as vacacións de Nadal.


Un evento semellante pasara en Cabana en 2012.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).